Hai unhas semanas, Rinoceronte Editora anunciaba que deixará de publicar na rede versión descargables das súas obras, unha iniciativa na que fora pioneira en Galicia. Segundo o responsable da firma, Moisés Barcia, isto débese a que detectaron unha relación inversa entre o número de descargas e o de exemplares vendidos, é dicir, os volumes máis descargados foron os menos vendidos. No caso máis extremo, o da obra “A posibilidade dunha illa” de Michel Houllebecq, a situación chegou ao estremo de que, ante máis de mil descarga, a editora só ten constancia dun único libro vendido en todo 2007. ¿Onde foron os compradores?
“A posibilidade dunha illa” saÃu publicado en 2006 apenas dous meses despois de que vise a luz a súa edición en castelán. A obra era a confirmación da aposta que Rinoceronte editora estaba a facer por verter para o galego obras de autores internacionais, e os responsables da firma confiaban en obter boas vendas. “Cando se publicou tiñamos na rúa `O bosque dos raposos aforcados´ de Paasilina e `Seda´ de Baricco, e as cifras eran boas. Pensamos que ao ser unha editora xa algo máis coñecida terÃamos como mÃnimo a mesma resposta e algo máis, tamén porque tanto o libro de Houllebeqc coma o de Barnes, que saÃu ao tempo, eran obras e estaban de actualidade”, explica o director da firma, Moisés Barcia. A maiores, o esforzo promocional da editora, que incluÃa a publicación en liña da totalidade da obra para que o lector puidese ollala a gusto e unha tenda virtual, facÃan prever bos resultados. Ao final dese ano, segundo as cifras da editora, vendérase arredor de medio milleiro de exemplares. Se temos en conta que a tiraxe media dos tÃtulos de Rinoceronte está entre os mil e os dous mil exemplares, non é tan pouco. “A verdade é que se vendeu modestamente, sobre todo tendo en conta o que nos custou, xa que houbo que facerlle un adianto considerable ao autor, e pola súa extensión houbo tamén un investimento considerable en tradución e na imprenta” explica Barcia.
A venda e a descarga
Ata o de aquÃ, a historia queda coma a dun tÃtulo que non funcionou tanto como agardaban os seus editores, algo que acontece de continuo no noso mundo editorial. No entanto, a peculiaridade xurdiu en 2007. Ao rematar o ano, só se vendera un exemplar máis da obra que adquiriu, segundo asegura el mesmo, o escritor e blogueiro Alberte Momán. Pola contra, o pdf dispoñible a través da rede, tivera arredor de mil descargas, e outras mil seiscentas visualizacións en liña. “Pódese aceptar que un libro non esperte interese, malia a que sexa o último tÃtulo dun grande autor europeo, pero neste caso, cando menos 2.600 persoas tiveron curiosidade. E iso non se corresponde coas vendas, houbo outros que se descargaron menos e venderon máis”, explica Barcia. En xeral, os datos da editora revelaron unha relación inversamente proporcional entre descargas e vendas. “Detectamos que en xeral os libros máis vendidos eran os que non se ofrecÃan para descargar e que os menos vendidos sà estaban dispoñibles a través da rede”, lembra o responsable de Rinoceronte. “O mesmo cómpre facer un traballo de campo máis cientÃfico. Nós tiramos estes datos dos nosos cartos e do noso traballo”. Estes resultados empurrábanos, hai apenas dúas semanas, a cesar a publicación en liña de obras completas, ao tempo que fechaban a súa tenda virtual.
O fracaso dixital
“Cando puxemos os libros a descarga falouse do guais de eramos, pero nós non queriamos nin facer unha boa obra nin proporcionar libros a quen non ten cartos para o mercar, para iso xa están as bibliotecas”, explica esta medida, na que Rinoceronte foi pioneira en Galicia. “Queriamos explorar a posibilidade de vender máis libros, que a xente que ao mellor non tiña unha librarÃa a man puidese ollar os libros enteiros, do mesmo xeito que fas nunha librarÃa, sen ter que depender de mirar só un capÃtulo ou un fragmento”. A anovadora aposta obrigounos tamén a árduas negociacións cos axentes literarios “ao final cederon porque lles servÃa tamén a eles coma experimento, e neste mercado os máis prexudicados en último caso seriamos nós, como finalmente aconteceu”.
De xeito complementario, coa tenda virtual pretendÃan achegar o libro aos lectores. “Custou moitos cartos, pero estaba infrautilizada e custaba máis mantela do que as vendas esporádicas que conseguiamos con ela. De feito agora quitámola e as vendas que facemos a través do correo electrónico son semellantes ás que habÃa pola tenda. PoderÃase pensar que a sociedade non está preparada para certos empregos da rede, pero ao ver as descargas, temos que pensar que a xente o que non quere é pagar polos libros, cando menos unha porcentaxe moi grande”.
Modelos de negocio
As cifras de descarga poden interpretarse como que o público potencial da obra sabÃa do web de Rinoceronte e, suponse, da posibilidade de obter a obra mediante a descarga directa. “Se chegaron alà é que o coñecÃan, está claro”, recoñece Barcia. A apoiar os seus argumentos, está a cuestión obvia de que, na mesma páxina onde podÃan facer a descarga, tiñan a posibilidade de comprar a obra, e non o fixeron. O modelo que propuña Rinoceronte é o que o teórico da rede Chris Anderson denominaba, nun recente artigo na revista wired coma de “subsidios cruzados”. Nesta proposta de negocio, segundo explica o propio Moisés Barcia, “ofértase un produto de balde coa intención de que o cliente adquira outro”, unha iniciativa que se emprega en múltiples negocios en liña.
A posibilidade do gratuÃto
Manuel Bragado, director de Xerais e un dos maiores coñecedores do mundo da edición en rede no paÃs, recollÃa no seu blog precisamente este artigo de Anderson na última fin de semana. “Aà está un pouco a explicación do fenómeno. Non hai dúbida de que todo o que se aproxime ao soporte dixital ou a Internet vai estar máis próximo ao gratuÃto do que ao baixo custo. Entón o consumidor deste tipo de produtos se o descarga non o adquire a posteriori”, completa Bragado. “Recoñezo que admiro a posición de Rinoceronte, pero como editor nunca me atrevÃn a emulala. Isto é un pouco polo convencemento de que o reto está en sermos capaces de reconstruÃr unha cadea de valor desde o soporte dixital, que terá que ser en base a que os produtos electrónicos sexan de balde”. Nesa liña, tanto Bragado coma Barcia comentan o experimento que están a desenvolver editoras coma Random House en Estados Unidos. “O último libro de Paulo Coelho pode lerse completo na rede, pero non se pode descargar”, explica Bragado. “O mesmo hai que tentar algo asÃ, pero nós desde logo estamos xa escarmentados e non imos probar de volta”, conclúe Barcia.
Descargar e ler
Queda por ver cantos dos lectores que descargaron ou visualizaron a obra chegaron a lela integramente. “Ao ser cómodas, as descargas de balde fan que moita xente garde os arquivos na súa máquina, pero iso non implica unha relación estreita entre ese número e o de usuarios finais, aÃnda que é de supor que a máis descargas haberá máis lectores”. A incomodidade de lectura na pantalla está detrás en boa medida desta cuestión. “Mentres non haxa un soporte de lectura portable de carácter electrónico os grandes beneficiados das descargas son fabricantes de consumibles para impresoras. Isto implica un custe do que o lector ás veces non é consciente”, advirte Bragado. Se pensamos que esta obra en concreto consta de 322 páxinas, faise difÃcil pensar que fosen moitas as lecturas en pantalla. Polo mesmo, tamén é difÃcil pensar que poida compensar a impresión, tanto en tempo como monetariamente, contra os algo máis de vinte euros que custa o volume editado e encadernado.
Un fenómeno mundial
Segundo este especialista, o caso de Rinoceronte non é exclusivo do noso paÃs. “O problema no noso caso é a dimensión do sistema editorial. Temos tiraxes pequenas e con elas un umbral máis baixo de rendibilidade ao que afecta máis este problema, pero a tendencia é internacional”, explica. “O grande reto da edición galega é conseguir un modelo viable de edición electrónica. Neste momento aÃnda non é posible, pero son consciente de que vai aparecer”. Como camiños que se están a iniciar, destaca as experiencias cos produtos electrónicos de carácter educativo. “Son viables porque canda a eles véndese outro tipo de produtos”
O emprego do dixital
Dun xeito ou doutro, está claro que nos últimos anos viviuse a xeralización do emprego dos documentos en formato pdf entre o público. Segundo a experiencia do Consello da Cultura coas súas publicacións en liña, maioritariamente de ensaio, pode comprobarse unha evolución no xeito de utilización que os lectores fan destes arquivos. Se ata 2004 aproximadamente se podÃa observar unha ampla cifra de descargas de volumes completos, desde aquela a tendencia apunta máis a consultas puntuais e buscas nos arquivos. No último mes de febreiro, por exemplo, obsérvase como as actas dos congresos “A lingua galega: Historia e actualidade” ou “Lingua e territorio” están á cabeza no número de consultas. É dicir, a xente opta menos por “posuÃr” o volume, aÃnda que sexa virtualmente, e confÃa en que está dispoñible directamente a través da rede para consultalo nas súas investigacións e pescudas. Neste sentido, o libro dixital poderÃa considerarse en boa medida unha base de datos de consulta máis do que unha obra de referencia na súa totalidade. Ao ollar os datos de Rinoceronte, dirÃase que no eido literario non chegamos a esta fase, e está por ver, pola propia natureza das obras, se se ha chegar algún dÃa.