Artistas galegos exporán a súas obras nos hoteis pontevedreses

Opcional

A partires de agora, os turistas que se acheguen a calquera dos hoteis da provincia de Pontevedra poderán, polo mesmo prezo que custa unha habitación, ver unha obra de arte dos novos, e non tan novos, creadores plásticos. É o "Circuito pola Arte", unha iniciativa do clube Golf Ría de Vigo e o Grupo Egatur, que achegará a obra de nomes como Alfredo Eiras, Remedios Priegue ou Beatriz Ansede ós principais complexos hoteleiros da provincia pontevedresa.

Dous paxaros dun tiro




A iniciativa de levar obras de arte ós complexos hoteleiros da provincia de Pontevedra ten un obxectivo doble. Por unha banda, pretende ofrecer un espacio de exposición a artistas e creadores galegos ós que normalmente lles resulta difícil acceder a circuitos de exhibición (como as galerías); e por outra banda, pretenden ofrecerlles un aliciente máis ós seus clientes, completando a oferta turística. Deste xeito os promotores destes "Circuitos da Arte" ofrecen unha obra que está ó acceso de calquera (viaxante ou visitante) a todas as horas do día.

Polo demais, ademais da exposición os cadros que compoñen a mostra tamén están á venda, o que ofrece unha nova saída ás obras dos creadores.












Proxectos de futuro


De momento esta iniciativa acóllena todos os hoteles pontevedreses do grupo Egatur, o Parador de Turismo de Tui, o Clube de Golf ría de Vigo, a Casa de Urcela en Ponteareas, e o Pazo torres de Agrel no municipio de Redondela.
A iniciativa foi tan ben acollida polos hoteleiros pontevedreses que non descartan ampliala a outras provincias galegas. De momento, Fermin Piay, conselleiro do grupo Egatur, informou que os "Circuitos polo arte" poida incluir Lugo e Ourense, así como incrementar o número de establecementos en Pontevedra.











Nomes coñecidos


Moitos dos nomes dos artistas galegos que forman parte dos "Circuitos da arte" son moi coñecidos dentro dos circuitos galerísticos. O estudioso da paisaxe Antonio Abalde; as temáticas marinas de Remedios Priegue, o orientalismo de Lola García Saavedra; as cores e as liñas de Xosé Vázquez Castro e as paisaxes de Beatriz Ansede, xunto con artistas anónimos que inician os seus pasos dentro do mundo artístico, son algúns dos creadores que enchen os novos espacios expositivos que son os hoteles.