David Rubín e Alberto Vázquez participan no proxecto bedeístico-musical de Iván Ferreiro

Son de cadriños

26/2/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

“Mentiroso mentiroso”, o novo disco do músico vigués Iván Ferreiro, trascende o xénero musical. O proxecto consistirá nun libro-disco no que, canda ao CD, irá un álbum de BD de noventa e seis páxinas no que diferentes debuxantes, coordinados pola editora vasca Astiberri, achegan historias que se corresponden con cadansúa canción do disco. Entre os participantes neste orixinal proxecto atopamos dous galegos, David Rubín e Alberto Vázquez, que xa teñen publicado obras con esta editora.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, Iván Ferreiro, Alberto Vázquez, Xénero...

Claves

Entidades
Conceptos