O Consello Galego de Universidades aproba 34 títulos novos de posgrao

Despois da universidade

Despois da carreira universitaria os alumnos poden seguir formándose, ben a través dos programas de doutoramento, ben través dos cursos de posgrao. Unha oferta que o Consello Galego de Universidade acaba de ampliar coa creación de 34 novos programas. Política Lingüística e Planificación da Lingua Galega, Lóxica e filosofía da ciencia, Urbanismo: Plans e Proxectos. Do Territorio á Cidade, Acuicultura, Tecnoloxías e Procesos na Industria do Automóbil son algúns dos novos programas que se impartirán a partir do vindeiro curso.