Unha editora coruñesa publica como banda deseñada gravados sobre Napoleón

BD napoleónica

A vida e a carreira de Napoleón explicada mediante gravados de época que se empregan coma cadriños dunha banda deseñada. Este é o contido de “Napoleón est mort. La campaña de su vida”, un volume que acaba de editar a firma coruñesa “Camiño do faro”. En total son 430 ilustracións da autoría de Claude Vernet, coetáneo do emperador, reordenadas para retratar o percurso vital deste personaxe histórico, con textos de apoio a cargo de Matía Membiela. No proxecto colaborou tamén o autor de BD Manel Cráneo.