A Deputación da Coruña achega aos centros de ensino a mostra dos premios Castelao de BD

Castelaos á escola

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Xa estivo en Arteixo, Betanzos, Fene e Camariñas. A exposición que recolle os traballos dos dous primeiros premios Castelao de BD, David Rubín e Antonio Seijas está a parar ata o vindeiro catro de marzo do IES Terra de Xallas, de Santa Comba. A coincidir con este evento, o centro celebra as súas segundas xornadas de BD, centradas no traballo de Rubín. Obradoiros, unha charla e a proxección dun filme fan parte das actividades que se están a desenvolver. Precisamente os alumnos de 3º de ESO do IES teñen como lectura obrigatoria “La tetería del oso malayo”, última obra do autor. A mostra dos premios Castelao continuará a súa itinerancia visitando centros de Noia, Padrón, Ames, Muros e Ribeira ao longo dos vindeiros meses.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Deputación da Coruña, Ensino, David Rubín...