Dentro de todas as actividades que estes días compoñen o programa na Feira do Libro da Habana, atopamos tamén presenza da banda deseñada galega. A mostra Dez anos de BD Galega, comisariada pola Asociación de Profesionais da Ilustración pode verse desde o comezo da feira na Casa das Américas da Habana. Acompañándoa visitan o evento Miguelanxo Prado, Pepe Carreiro, Fran Jaraba, Manel Cráneo e Santy Gutiérrez, que participarán en diferentes obradoiros. Unha mesa redonda encol da BD actual completa a nosa delegación no que a cadriños se refire.