A Feira Internacional do Libro da Habana está a se converter, neste mes de febreiro, no epicentro da cultura galega. A nutrida representación de creadores, editores e representantes do noso mundo cultural nos máis diversos ámbitos están a facer deste encontro un escaparate único que nos permite dar a coñecer a nosa realidade. Para alén, ollar este expositor pódenos servir tamén para ollarnos a nós mesmos e ver que é o que amosamos da nosa cultural. Dámosche as claves en dez Ãtems.
Alén do libro: De ollarmos para o programa sen coñecermos o nome do evento, poderiamos pensar que estamos a asistir a algún tipo de Exposición Universal onde se trata de amosar a variedade da cultura galega. Arte, audiovisual, artes escénicas, banda deseñada, ilustración ou música fan parte do programa con exposición, proxeccións e proxectos varios. Claro que o libro vai ter unha presenza importante que se manifestará nos distintos postos da feira, encontros con autores, conferencias, exposicións e distribución de exemplares. Como exemplo, a conferencia inaugural de Ramón Villares co tÃtulo “Unha cultura para un paÃs”, na que se analiza de xeito global a importancia deste sector.
A medias: Un dos eixes máis claros do programa galego da feira é o desenvolvemento de propostas conxuntas de creación en diferentes ámbitos. Desde o encontro de contacontos africano-cubano-galegos, á realización conxunta de documentais en “Ópticas cruzadas” ou os proxectos musicais conxuntos “Descarga ao Vivo” e “RosalÃa XXI” (con Pablo Milanés), o contacto entre creadores dos dous paÃses revélase coma unha aposta que pode supor unha semente para futuras iniciativas conxuntas ou novas influencias para a nosa cultura. E é que a Xunta ten intención de que o contacto desta feira dea en relacións de continuidade.
Difusión: Serán arredor de seiscentos os tÃtulos que representen a nosa industria editorial na Habana, e poranse á venda uns seis mil exemplares. A maiores, distribuiranse catrocentos mil volumes das diferentes publicacións que se fixeron especificamente para este evento.
Infantil: Pode sorprender que da ducia de tÃtulos que se publicaron con ocasión desta feira, ben da man de Cultura, ben coa súa colaboración, nada menos que cinco vaian dirixidos a un público novo. Escolmas de narrativa e de poesÃa infantil e xuvenil e unha antoloxÃa facsimilar da revista “Zunzun” súmanse ao álbum ilustrado “René no conoce Galicia”, unha obra na que Pepe Carreiro lles explica as peculiaridades do noso paÃs aos infantes cubanos. Antes de concluÃrmos que isto supón unha aposta estratéxica por este sector especÃfico, debemos ter en conta que a Feira conta cun espazo dedicado en exclusiva a estas letras.
Neira Vilas: Auténtica icona viva da relación galega con Cuba, Xosé Neira Vilas concentra na súa biografÃa e na súa obra toda unha serie de valores que a presenza do noso paÃs para a Feira non podÃa desaproveitar. Deste xeito, a emigración histórica a Cuba, a influencia destes colectivos na nosa cultura ou o exilio da posguerra estarán presentes no evento mediante as mostras “Gallegos, las manos de América” e “De Cuba para Galiza” e mais pola edición especial do libro “Presencia diversa de los gallegos en Cuba” deste autor. Outras obras coma “De raÃz profunda”, de Pilar Cagiao e Sergio Guerra, a reedición do “16 poemas galegos para Ernesto Che Guevara contra a súa morte” e mesmo a presenza de Fran Jaraba como autor de BDs ambientadas na Guerra de Cuba confirman a importancia que os programadores lle outorgaron a resaltar o vencello entre os dous paÃses.
Nomes: Para alén de produtos culturais, Galicia leva á Habana creadores e editores a esgalla que se encargarán de dinamizar, dÃa a dÃa e en sesións de mañá e de tarde un programa que se prolonga durante doce dÃas. A nómina de participantes poderÃa interpretarse, en certo xeito, coma un top da cultura galega. Se sermos exhaustivos, atopamos na lista nomes coma Manuel Rivas, Suso de Toro, Teresa Moure, Xosé MarÃa Alvarez Cáccamo, Miguelanxo Prado, Fran Jaraba, Helena Villar, AgustÃn Fernández Paz, Fina Casalderrey, Xavier Docampo, RodrÃguez Baixeras, Fernán Vello, Rosa Aneiros, Marilar Aleixandre, Carlos Núñez, Mercedes Peón, UxÃa, Marful, Narf, Dios Ke Te Crew, a Real FilharmonÃa de Galicia, Abe Rábade, Anxo Angueira, Guadi Galego, Ramón Pinheiro, Pisando Ovos, Galitoon, o Mago Anyo, Quico Cadabal, Mario Iglesias, Margarita Ledo, Alberte Pagán, Cora Peña, Antonio GarcÃa Teijeiro, Antón Castro, Antón Lopo, Chus Pato, VÃctor Freixanes, Ramón Villares, Santy Gutiérrez, ElÃas Torres, Jacobo Fernández, Xosé LuÃs Méndez FerrÃn, Óscar Villán, AntÃa Otero, Roberto Salgueiro, Camilo Franco, Marta da Costa, Antón Riveiro Coello, Fran Alonso, Aurora Marco, Pilar GarcÃa Negro, Manel Cráneo, Xosé Lois GarcÃa, Manuel Ferreiro, Xosé Carlos Caneiro, Mini e Mero, Xosé Antón Neira CruzÂ… Sen mentar representantes institucionais, técnicos ou xestores. Os que queiran ter datos máis completos, consulten o programa.
Non industriais: Malia á variada presenza galega nesta feira, é posible achar de menos diferentes ámbitos da nosa cultura. Nunha primeira ollada destas ausencias, quizais as caracterÃsticas fundamentais sexan a falta de industrias culturais propias actuais ou potenciais. AsÃ, por exemplo, malia ao pulo que nos últimos anos está a ver o noso patrimonio inmaterial, coa candidatura á UNESCO e propostas de recuperación coma o Proxecto Ronsel, o programa da feira non achega manifestacións deste tipo. De xeito semellante, na Habana non existe unha presenza especÃfica da cultura galega da rede, un ámbito que está a resultar máis dinámicos a nivel de creación, divulgación, mobilización e integración de novas linguaxes. O asociacionismo de base e mesmo a vertente máis teórica e académica da nosa cultura (alén da Historia) poden estar, para moitos, pouco representadas no que aspira a ser un escaparate total. Claro que non debemos esquecer que ao final estamos a falar dunha feira.
Recepción: É sabido que a Feira da Habana é unha das máis multitudinarias do mundo. Os problemas do mercado do libro en Cuba provocan que sexan lexión os lectores que se achegan ao evento coa idea de conseguir novos volumes. No entanto, para alén da importancia que poden ter esas preto de 700.000 persoas que poden coñecer a nosa cultura, posiblemente para Galicia sexa máis importante a trintena de paÃses convidados e as preto de 650 editoras que teñen representación.
Responsabilidades: Sexa para criticar ou para gabar os contidos deste grande escaparate, a responsabilidade do programa final está ben repartida. O proceso de elaboración desta representación supuxo unha aposta clara pola participación da cultura do paÃs. A visita de prospección de distintos representantes da nosa cultura hai un ano ou a creación do Consello Asesor Habana 08 conseguiu unha implicación de todo tipo de persoeiros e institucións. Asociacións de escritores, ilustradores, editores, libro infantil e xuvenil. Real Academia, Consello da Cultura, Universidade de SantiagoÂ… A lista é ben grande e fai que o éxito ou o fracaso desta iniciativa teña forzosamente que se repartir entre moitos responsables.
Utilidade: É sabido que a feira da Habana non é un sitio onde as nosas industrias culturais vaian pechar grandes acordos comerciais nin tirar moitas vendas. Desta volta, o escaparate é máis para amosar que para vender. Agora, ben pode ser que este espazo sirva para dar a coñecer a nosa cultura ante uns interlocutores, os sudamericáns, que non teñen moitas ocasións para saber do seu potencial. A maiores, a Feira da Habana pode servir tamén como demostración de forza no sentido de que Galicia pode responder dignamente coma paÃs convidado en eventos internacionais desta talla. Unha cuestión que ben pode abrir vÃas para novos convites. E, nese sentido, a vista está posta en Guadalajara, México, a principal feira do libro de Iberoamérica.