O Consorcio e a Consellaría de Traballo crean unha bolsa de emprego do sector audiovisual

Bolsa de emprego

11/2/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Unha das características do sector audiovisual é que precisa uns traballadores cun elevado grao de especialización e que ten un alto índice de rotación dos profesionais. Por iso, o Consorcio Audiovisual de Galicia e a Consellaría de Traballo acaban de por en marcha unha bolsa de emprego centrada neste sector. Un servizo de intermediación ao que poden recorrer profesionais e empresas de xeito totalmente gratuíto. Ademais, o Consorcio ofrecerá asesoramento laboral e orientación sobre as diferentes posibilidades de atopar emprego, así como información sobre cursos e actividades de formación e reciclaxe para profesionais.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consorcio Audiovisual de Galicia