A rede achéganos o debate sobre a política cultural e a BD e crónicas vitais de dous autores

Redada: Debates e crónicas

A política de apoio da Consellaría de Cultura para a BD galega estivo estes días a mover un amplo debate no blog de David Rubín. A idoneidade dunha marca que englobe a creación do país e a oportunidade de enviar delegacións promocionais a eventos no exterior son algúns dos puntos deste multitudinario intercambio de opinións, que ecoou mesmo no blog do escritor e crítico literario Santiago Jaureguízar. Tamén na súa bitácora, Rubín achéganos unha emotiva crónica en cadriños sobre a desaparición da súa avoa. Outra crónica, desta volta escrita, é a que fai Tirso Cons no seu blog amosando o periplo que realizou por Francia e por Bélxica para dar a coñecer o seu último álbum "La manoir des murmures".