Teatro do Ningures faise co premio Max polo texto de “Emigrados”

Max emigrados

“Emigrados” é a montaxe de Teatro de Ningures a partir dos textos encargados a Anxos Sumai, Suso de Toro, Xosé Manuel Pazos e Sonia Torre. Unha obra pola que acaban de ser galardoados co Max na categoría de mellor autor teatral en galego. “Animalario” e o “Teatro Español de Madrid” foron os vencedores nunha gala na que Juan Mayorga, Víctor Ullate, Mario Gas tamén recibiron unha estatuíña.