O voto da poboación que vive fóra sempre é tema de debate, tanto en perÃodo de eleccións como fóra del. Por iso, o Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega organiza hoxe unha xornada para reflexionar sobre o voto emigrante. O profesor Carlos Marino Navarro Fierro, do Instituto Federal Electoral de México, e Anxo Lugilde, xornalista e politólogo, serán os expertos que abrirán o seminario que ten lugar na biblioteca da institución.