San Cibrao de Lás conta cun dos depósitos máis destacados da Idade de Ferro, ademais do castro de maiores dimensións de Galicia. A ConsellarÃa de Cultura leva tempo actuando nesta zona e, seguindo nesta liña, o Diario Oficial publica a adxudicación de novas obras por importe de tres millóns e medio. Unha contÃa que permitirá rematar no 2009 o Centro de Interpretación que contará unha exposición estable sobre a cultura castrexa e outra sala máis para albergar mostras temporais, ademais de ter biblioteca, fototeca, zonas de documentación, arquivo, sala de reunións e unha área de servizos, con tenda e cafetarÃa.