Sargadelos “garante” a preservación do leigado cultural da empresa

Agora, o IGI

A semana pasada, 120 asinantes encabezados por tres ex presidentes da Xunta presentaron un manifesto solicitando que o poder político realice os trámites necesarios de protección de Sargadelos para “preservalo e garantir a súa continuidade e supervivencia a cuberto de calquera eventualidade e calquera peripecia empresarial que o poña en perigo de desnaturalización”. Nun comunicado enviado aos medios esta fin de semana, a actual dirección do Grupo Sargadelos manifestou subscribir o manifesto no sentido de “apoiar o leigado cultural desenvolto e financiado unicamente polos accionistas das dúas sociedades” e sinalou que “o perigo de continuidade dese leigado foi o que obrigou á maioría dos socios a promover un plan de modernización”. A empresa tamén sinalou que as sociedades empresariais “soportaban o mantemento de fracasos empresariais tan ruinosos coma o do Instituto Galego da Información, que leva trinta anos sen cumprir o seu obxectivo fundacional da edición do xornal Galicia”. Pola súa banda, o colectivo Arredemo presentou no Instituto Galego da Información unha edición unica e conmemorativa do xornal "Galicia" con artigos e textos sobre a situación actual de Díaz Pardo e a empresa. Pola súa banda, os traballadores do Instituto Galego da Información organizan nunha "mostra de urxencia", a partir do día 22, con algúns dos fondos máis emblemáticos do centro.

Máis información en La Opinión e Galicia Hoxe; o manifesto