A Coruña presentou a semana pasada un concurso para compositores de música en galego no que o premio para os 10 escollidos será participar nun obradoiro con Santiago Auserón. Un programa que foi pensado e deseñado por “Algarada” unha da media ducia de empresas de xestión cultural que hai no paÃs. Entidades que traballan na sombra por achegar a demanda dos cidadáns coa oferta cultural.
“Nos últimos tempos apréciase unha fenda entre a oferta e a demanda” xustifica Alberto GarcÃa, un dos fundadores de “Nova Xestión Cultural” unha das últimas empresas en saÃr á palestra no eido da xestión cultural. Alberto considera que “se analizamos a programación existente a dÃa de hoxe vemos que estamos nun punto no que a oferta que hai non acaba por conectar co que demanda o público”. A súa afirmación baséase ollando cara o público, “hai veces que un evento está cheo de xente, pero noutras o patio de butacas está baldeiro” afirma. O outro indicador está na sostibilidade das empresas culturais, e engade que “hai determinados sectores da cultura, no que as súas empresas viven exclusivamente das subvencións”. Con estes indicadores na man e, “tendo en conta que a situación está hoxe moito mellor que hai trinta anos, hai que recoñecer que as polÃticas culturais, tanto públicas como privadas, non acabaron por funcionar”, afirma con rotundidade. É neste camiño no que se sitúan as empresas de xestión cultural que funcionan no paÃs. E-burbulla, Algarada, Proxectos, Nova Xestión Cultural, Mekané DidácticaÂ… son algúns dos nomes que aparecen vencellados a este sector. A súa tarefa non aparece en grandes titulares, pero algún deles son as cabezas pensantes dalgúns dos programas culturais que están a dÃa de hoxe en marcha.
Unha necesidade, unha demanda
Nova Xestión Cultural, como as demais empresas deste tipo que hai no paÃs, pretende ofrecer o seu timón para que a cultura pase a desenvolver un papel diferente do que facÃa ata o momento. “O que pretendemos, asegura Alberto, pasa por canalizar os intereses da sociedade, coñecer as súas preferencias e pegar un golpe de timón para que a cultura pase a ser o realmente importante na xente, para logo, a partir de aÃ, poder acadar que a cultura sexa importante tamén nas polÃticas”. Tati Mancebo, unha dos tres integrantes de “Algarada”, asegura que no tempo que desenvolven a súa tarefa apreciaron cambios importantes. O seu eido de traballo é a cultura e as súas relacións coas novas tecnoloxÃas, por iso, Tati asegura que “hai dous anos era impensable que un escritor galego e en galego tivera un sitio web que quixera manter. Agora son máis os escritores que teñen en blog, ademais hai máis que están a facer webs máis potentes con referentes as súas obras, con información máis detallada e precisa”. Algarada, ademais de leva a axenda da Asociación de Escritores en Lingua Galega, foron os encargados de por en marcha o sitio web de Xavier Alcalá, entre outros moitos sitios webs. De feito, Pedro Silva, outro dos integrantes da empresa, foi o que creou e mantén Blogaliza.
Os servizos no eido da cultura
Alberto GarcÃa asegura que “o mundo da xestión cultural é aÃnda tan pequeno que todas as empresas que hai non nos facemos sombra unhas ás outras, senón que aÃnda nos podemos coordinar e complementar”. É por iso que a súa empresa, Nova Xestión Cultural, malia ser a última en incorporarse ao taboleiro da xestión cultural, ten coordinado tarefas con outras empresas coas que comparte actividade. Pero tamén porque Alberto asegura que unha das súas tarefas é por en contacto a todos aqueles (universidade, fundacións, administraciónsÂ…) que desenvolven o seu traballo no ámbito da xestión cultural. Tanto Alberto como Tati coinciden en que o cliente é quen manda, pero que no fondo de todo o seu traballo está o público, para quen programan toda a súa actividade.
En “Algarada”, están especializados no ámbito das novas tecnoloxÃas aplicadas ao ámbito da acción cultural. Tati explica que o seu proxecto pasa por “dar formación en novas tecnoloxÃas e alfabetización dixital, facemos webs aÃnda que non somos especialistas en deseño senón en contidos. Descubrimos que todo o mundo facÃa sitios webs que, ao pouco tempo, ficaban paralizados, por iso decidimos que este fose un dos nosos campos de traballo”. Os seus proxectos web, máis o de formación para a Fundación Amancio Ortega, o concello de Arteixo onde fixeron un mapa sonoro do municipio son algúns dos proxecto que levan a súa etiqueta.
No caso de “Nova Xestión Cultural”, que entende a cultura como un elemento de desenvolvemento integral dos territorios e que atende tanto á economÃa como a cultura, destacan dous campos: dunha banda a consultorÃa e do outro a xestión. No primeiro campo inclúen desde o asesoramento a persoas que traballen tanto no eido privado como no público, unido a planificación e deseño de xestión cultural, máis estudos de desenvolvemento territorial. É neste ámbito no que teñen traballado máis na súa curta andaina, facendo estudos de público para diferentes entidades. No eido da xestión, trátase de traballos concretos, de xestión de proxectos culturais, asà como coñecer e maximizar as potencialidades de edificios que hoxe en dÃa están infrautilizados. “Os teatros, os cines, as salas de exposicións, por poñer algún exemplo, non están cheas, e hai que deseñar programas que impliquen aos cidadáns e os leven cara elas” asegura Alberto.
Haberá aÃnda que agardar un pouco para ver se o traballo destas entidades, conseguen achegar o seu gran de area para facer unha cultura máis próxima a todos e moito máis rendible.