A literatura cubana e o mar, protagonistas da Feira do Libro de Pontevedra

O noveno libro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A piques de cumprir unha década, o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra acaba de dar a coñecer a programación da súa vindeira edición. Un evento que este ano ten dúas ideas claves: o mar e a literatura cubana. En primeiro lugar, porque o universo mariño é o fío temático no que se abordarán os espectáculos que terán lugar no Pazo da Cultura e no Teatro Principal. E, en segundo lugar, porque numerosos autores cubanos achegarán a súa literatura no marco das actividades que terán lugar do 27 de xaneiro ao 2 de febreiro. Obradoiros, exposicións e presentacións complentan o programa desta novena edición.

Consulta o programa no web do Salón

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Pontevedra, Feira do Libro, Exposicións...