O Tribunal de Contas solicita a apertura dun proceso para verificar o desfase do Gaiás

A polémica continúa

17/1/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
28 lecturas | Compartido 0 veces
A Cidade da Cultura volve hoxe á palestra por dous motivos. Dunha banda, porque o Consello de Contas non fiscalizará a investigación do bipartito sobre a Cidade da Cultura, como mínimo, ata o 2009. Así figura no plan de traballo desta entidade para este ano, na que non aparece ningunha referencia ao complexo do Gaiás. Doutra banda, a Fiscalía do Tribunal de Contas considera que existen “indicios de posibles responsabilidades contables” no proceso de elaboración do complexo cultural. Por iso, estableceu que se abra un procedemento para verificar esas sospeitas, cuantificar o desfase e atribuír responsabilidades.

Máis información en La Voz de Galicia sobre o Consello de Contas e o Tribunal de Contas e na nosa hemeroteca


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gaiás, Culturagalega, La Voz de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia