A presenza galega en Angoulême abre as iniciativas da Mesa pola Banda Deseñada

Ano de proxección

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Unha xuntanza esta mesma tarde inicia a actividade da Mesa pola Banda Deseñada en 2008. Segundo adiantou a Consellaría de Cultura, está prevista a presenza do traballo dos nosos autores nos festivais de Angoulême, La Habana, Beja, Boloña, Lisboa, Barcelona e Frankfurt. Para alén, confírmase a convocatoria este ano das bolsas de apoio á creación de novas obras canda a accións formativas e diferentes medidas para promover a presenza da BD en librarías, bibliotecas e centros de ensino.

Máis información no web de Cultura e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Angoulême, Bibliotecas, Culturagalega...