A axenda achega dúas mostras de Brais Rodríguez en Barcelona e en Compostela e outra dos premios Castelao en Fene

Dous Brais e un Castelao

A libraría El Garaje de Barcelona, acolle ata o 23 de febrero unha mostra de traballos do galego Brais Rodríguez. Ao tempo, a Galería Espazo 48, en Compostela, amosa ata o dezasete de febrero ilustracións deste autor cunha mostra con Mauro Trastoy e Iria Vázquez. Pola súa banda, no IES de Fene continúa a xira que está a facer a mostra coas obras premiadas nas distintas edicións do Premio Castelao de BD.

Máis información en Entrecómics en Diario de Ferrol e na ficha de Brais Rodríguez