Unha conferencia sobre os dereitos de autor abre un ciclo para achegar a ciencia e a cultura

Subir á palestra

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
“Quo vadis ius mercatorum? (Especial atención aos camiños da propiedade intelectual)” é o título da conferencia que impartirá esta tarde o doutor en dereito José Antonio Gómez Segade. A charla inaugura “Palestras maxistrais”, o ciclo que organiza o Consello da Cultura Galega en colaboración coa Dirección Xeral de I+D+i da Consellaría de Innovación e Industria e das tres universidades galegas. O ciclo nace coa pretensión de que grandes expertos do sistema científico e universitario do noso país compartan a súa visión da evolución cultural e científica de Galicia desde a súa disciplina. A seguinte cita será o 29 de xaneiro, cando Angel Rodríguez de Lera falará sobre “As revolucións científicas na Química”.

Máis información no web do Consello da Cultura Galega

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Ciencia

Claves

Conceptos