“A sombra descalza”, unha novela de An Alfaya sobre segredos familiares acaba de entrar na lista da International Board on Books for Young People. Este organismo selecciona as mellores obras en todo o mundo no campo da literatura infantil e xuvenil nun catálogo que serve de referencia internacional. En edicións anteriores xa resultaran seleccionadas obras galegas coma “Pucho o habitador dos tellados” de Manuel Janeiro ou a tradución de “A comunidade do anel” de Moisés Barcia.
Máis información na edición de hoxe de La Voz de Galicia e nos web do IBBY