O proxecto do Auditorio de Vigo leva camiño de se converter noutra das obras culturais que se eternizan no noso paÃs. Malia aos repetidos anuncios do rexedor olÃvico, Abel Caballero, as máquinas non comezaron onte os seus traballos. O alcalde recoñeceu que as obras non comezarán aÃnda este mes, pero asegurou que estarán rematadas en 2010, un ano despois do prazo previsto inicialmente. O Concello busca agora o xeito de financiar o incremento orzamentario da instalación, que pasou dos 90 millóns de euros do comezo a 154 e que finalmente foi revisado á baixa por César Portela, autor do proxecto, que fixou o custe en 122 millóns.
Máis información en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos