O falecemento do pintor Xaime Quessada causa conmoción na cultura galega

Morte dun artista

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Recoñecido de xeito unánime coma un dos autores máis importantes da pintura galega, Xaime Quessada falecía o pasado domingo na súa casa de Paradela (Ourense). Unha grave enfermidade, diagnosticada hai só catro meses, acabou coa vida deste artista de setenta anos de idade. O pintor foi sepultado no Carballiño o pasado luns mentres persoeiros e institucións do mundo da cultura e da arte lembraban a súa traxectoria e o seu papel fundamental na nosa arte. A Xunta, a Deputación e o Concello de Ourense anunciaron o seu apoio á fundación que levará o nome de Quessada e avogaron por abrir canto antes un museo que acolla unha mostra do traballo do pintor.

Máis información en La Región, El Correo Gallego e en La Opinión

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morte, La Opinión, La Región, Concello de Ourense...