A apertura recente do agardado Museo do Mar de Galicia, supón o primeiro grande centro dedicado a reflectir sobre a nosa relación con este medio. Malia á importancia indiscutible deste proxecto, espallados polo noso paÃs hai toda unha serie de centros, de maior ou de menor tamaño, que achegan tamén as súas propias olladas sobre o mar. Facemos un repaso por eles, coa idea de que é tamén este un xeito de coñecermos como a nosa sociedade interpreta e vive ese mar a través deses ollos de boi que son os museos.
AÃnda que non sempre é asÃ, en moitas ocasións o feito de construÃr un museo sobre un tema amosa un certo alleamento da sociedade sobre esa cuestión. Tamén se observa a tendencia a apostar pola musealización de elementos que fan parte dunha longa tradición: traballos e costumes que foron mudando e que xa non existen na súa antiga forma. Isto non sorprende a ninguén. É evidente que se algunhas das principais funcións destes centros son conservar, divulgar e recuperar o patrimonio que custodian, non han desenvolver estas tarefas coas cousas que aÃnda fan parte da nosa vida cotiá. A multiplicidade de museos dedicados ao mar en Galicia amosa, en boa medida, o xeito no que foi evoluÃndo a nosa relación con este medio. E, en boa medida, déixanos aberta a cuestión de cara a onde vai ir.
A xoia da coroa
O máis recente e destacado é o Museo do Mar de Galicia, que abrÃa o pasado dÃa 21 de decembro en Vigo logo dunha longa andaina. O seu obxecto é nada menos que reflectir a complexa relación da sociedade galega co mar ao longo da historia. Para isto suma contidos dedicados á pesca, tanto artesá como industrial, con restos arqueolóxicos, unha mostra de vida mariña e todo tipo de elementos. Ademais, este espazo será a sede da Rede Galega de Patrimonio Mergullado, e coordinará as investigacións que sobre estes restos se desenvolvan en toda a nosa costa. A maiores da exposición permanente está previsto que o Museo acolla tamén distintas mostras temporais. A primeira, xa en 2008 centrarase na presenza galega en Terranova, a continuación está prevista outra na que recolla a relación do mar e a arte contemporánea e en proxecto outra recolle a memoria fotográfica das confrarÃas galegas. En certo xeito, estamos ante un centro que resume as diferentes olladas que atopamos no paÃs.
A pesca é a base
Como se pode imaxinar, o feito de que a pesca fose a principal actividade de boa parte da nosa poboación costeira durante séculos é algo que conseguiu o seu reflexo en diferentes museos. Na maior parte dos casos, estes centros, de carácter local, xurdiron nos últimos anos vencellados a proxectos de posta en valor dun patrimonio pesqueiro artesán que desaparece de xeito acelerado e coa vista posta tamén nas posibilidades turÃsticas destes recursos. Desde xeito, temos o Museo da Pesca de Fisterra, que está instalado no Castelo de San Carlos desta localidade e fai parte do programa “Fisterra pescando onde o solpor”, ou o Museo do Mar da Costa da Morte, en Laxe. Tamén están o Museo MarÃtimo Seno de Corcubión, a Caseta de Pepe do Cuco, vencellada ao proxecto “Mar de Lira”, o Museo do Mar de Rianxo, que fai parte de “Rianxo, o mar feito tradición”ou a proposta de crear en Muros unha aula museo sobre actividades mariñeiras. Sobre os procesos industriais que desde hai máis de 200 anos se derivan do traballo da pesca, na Illa de Arousa están a traballar nun Museo da Conserva que recupera a longa tradición desta industria na zona, un tema sobre o que tamén desenvolven un proxecto en Cambados mentres no Grove traballan nun sobre a salgadura.
O factor local
A priori, pode semellar que os contidos destes centros han ser semellantes, e efectivamente existen neles mostras de aparellos, embarcacións, maquetas e outros materiais relacionados co tema. No entanto, hai tamén particularidades abondas en cada centro. Por exemplo, en Rianxo traballan para ter unha mostra de embarcacións a flote onda o centro e queren desenvolver un apartado sobre o exvotos que os mariñeiros ofrecen en diferentes santuarios para asegurar a protección nas súas travesÃas. En Fisterra, pola súa banda, integran no museo a lonxa local e a actividade pesqueira, de xeito semellante a como o fan na Caseta de Pepe do Cuco, en Lira (unha auténtica caseta de mariñeiro organizada ao xeito de exposición). En Laxe, á súa vez, optaron por lle dedicar unha parte do centro a falar sobre persoeiros locais relacionados co mar e abordar, entre outras cuestións, a toponimia con este carácter. E son moitas máis as singularidade de cada un destes espazos, a comezar polas propias historias que sobre a vivencia local do mar se poden atopar. No ronsel da orixinalidade, quizais unha das visitas imprescindibles para o interesado sexa ao Barco Museo Boniteiro Reina del Carmen. Trátase dun autentico navÃo en pleno funcionamento, que amosa a bordo e polo miúdo as caracterÃsticas da vida dos mariñeiros durante as campañas do bonito. Todo aberto ao público desde 1998 no porto de Burela.
A curiosidade
Con máis antigüidade existen outros centros que contan cun punto de vista máis holÃstico sobre o elemento mariño. Nados na primeira metade do século XX, falamos de museos que teñen a súa orixe nas coleccións particulares de mecenas con inquedanzas ben máis cientÃficas ou de pura fascinación polo lÃquido elemento, o que supón unha visión ben diferente da que podÃan ter naquel mesmo momento os traballadores da pesca artesá e, polo mesmo, máis afastada do mar como algo cotián. Neste tipo encaixa por exemplo o Museo Massó de Bueu, que depende na actualidade da ConsellarÃa de Cultura e que xorde da colección que se desenvolveu na familia de conserveiros que lle dá nome. Ou do Museo Provincial do Mar en Cervo, froito do traballo do mestre Francisco Rivera Casás. Nos dous casos trátase de coleccións coa heteroxeneidade de contidos que se pode agardar dunha colleita guiada basicamente polos intereses persoal do seu propietario. AsÃ, por exemplo, no Massó comparten espazo cartas mariñas ou maquetas de barcos con libros antigos ou restos arqueolóxicos. Pola súa banda, no de Cervo mestúranse aparellos de pesca tradicional, mostras de mecánica naval e exemplares de flora e fauna mariñas. Nunha liña semellante, e para alén dos centros especializados, é evidente que o mar ten a súa pegada en museos de tema máis xeral. É de destacar, por exemplo, o amplo espazo que o Museo do Pobo lle dedica ás embarcacións e aos oficios mariñeiros. Ou, no de Pontevedra, a recreación que se fai do camarote do contraalmirante Casto Méndez Núñez, famoso pola súa actuación militar na Guerra do PacÃfico.
A bioloxÃa
A seguir cos animais, debemos pensar que tamén os acuarios son un xeito de nos levar alén da costa. No noso paÃs, dirÃase que esa curiosidade por ver vivas as criaturas que viven mergulladas é ben recente. O mesmo é debido a que a súa función principal durante moito tempo foi puramente alimentaria. Na actualidade, en Galicia só existen dúas instalacións deste tipo cunha certa entidade. O pioneiro Acquarium Galicia, no Grove, abrÃa as súas portas en 1997 de mans dunha empresa privada e achega unha mostra dos seres vivos que podemos atopar baixo as augas. O centro ten unha orientación fondamente didáctica que se complementa con diferentes actividades que a firma propietaria organiza no contorno, sempre co mar coma eixe. Pola súa banda, o coruñés Acquarium Finisterrae, nado en 1999 no seo da Rede de Museos CientÃficos municipal, é un dos poucos do seu tipo que funciona con auga mariña no continente e oferta, para alén da observación dos seus inquilinos habituais, diferentes exposicións temporais canda a un intenso programa didáctico. Con anterioridade a estas instalacións, podÃamos atopar mostras de fauna e flora mariñas, xa sen vida, en colección cientÃficas coma o Museo de Historia Natural LuÃs Iglesias da Universidade de Compostela.
A guerra e a industria
A importancia militar do mar tamén ten o seu oco nos centros galegos. O Museo Naval de Ferrol, que depende do seu homónimo de Madrid, céntrase na Armada e na súa presenza na cidade ao longo dos anos. Restos de pecios, maquetas de barcos, cartografÃa, uniformes, armamento e todo tipo de material, canda a unha importante biblioteca especializada compoñen os seus fondos. Malia a que a Armada xa leva varios séculos en Galicia, non foi ata os anos setenta cando se comezou a desenvolver esta iniciativa. A mesma cidade contará o vindeiro mes de marzo con Exponav, un ambicioso proxecto que quere reflectir a importancia que a construción naval tivo, e polo momento ten, na comarca. Este centro, situado no Edificio de FerrarÃas da Cidade Departamental será unha “exposición permanente sobre a construción naval”, conta cun orzamento de máis dun millón e medio de euros e quere ser o referente a nivel estatal sobre este tema. Podemos pensar ata que punto o feito de musealizar esta actividade reflicte como xa non está nos seus mellores momentos.
Os que veñen
Para alén do Exponav, hai en marcha aÃnda outros proxectos de centros mariños. En Baiona, por exemplo, aproveitan a súa tradición mariñeira e mais o feito de seren o primeiro porto europeo onde atracou a expedición de descuberta de América para orientar o seu Museo da Navegación e do Mar. O proxecto, previsto para o vindeiro ano, quere continuar o pequeno museo que a localidade xa ten instalado a bordo da réplica da carabela Pinta e atender ao relacionamento entre Europa e América, ademais de deixar un anaco para reflectir a presenza cotiá do mar na vila. De xeito semellante, en Cangas pretenden recuperar a memoria da súa tradición baleeira cun museo dedicado a este animal e mais ao seu aproveitamento industrial. Mentres en Vigo levan anos a acariñar a idea dun centro dedicado tamén á industria conserveira que se instalarÃa no edificio en que a empresa Alfageme desenvolveu historicamente a súa actividade nesta urbe. Nos tres casos son proxectos que seguen a liña dos xa mencionados museos de carácter local, pero como podemos ver, algo máis especializados. Dun xeito ou doutro, está visto que o mar posúe entidade propia e destacada na nosa cultura. Está por ver como evoluciona a nosa relación con el, ou ata que punto atoparemos novos xeitos de o ollar.