A Señora Carmen, compoñente do grupo Malvela, debuta en solitario con “Na flor dos meus anos” (PAI Música) arroupada por colaboracións tan importantes como as de Dulce Pontes, Xosé Manuel Budiño, UxÃa ou Rodrigo Romanà no eido musical e os textos do escritor Fran Alonso no libro que acompaña ao disco e no que dá conta da vida desta muller singular. Co grupo Malvela, que xurdiu a partir dun cursiño de cantos populares dirixido pola cantante UxÃa, a Señora Carmen presentou este mesmo ano o seu terceiro disco “Da miña xanela á túa” (PAI Música) conseguindo unha grande aceptación con numerosos concertos dentro e fóra de Galicia. O carisma e paixón musical desta muller fixo que pronto os produtores se fixasen nela para a elaboración dun disco propio. "Na flor dos meus anos" componse de 12 pezas de corte tradicional cheas de sentimentos nas que conta a súa vida mergullándose na Galicia que viviu de nena. Ademais do CD e o libro o paquete complétase cun DVD cun documental sobre a vida desta muller e varios vÃdeos das cancións asà como da gravación nos estudios Casa de Tolos. O disco presentarase este venres, 21 de decembro, ás 12:00 horas no CGAC de Santiago.
Máis información en MeGA de Malvela