As librarías especializadas de Compostela promoven a BD galega para o Nadal

Agasallar BD

Desde hai uns días 200 carteis repartidos polas rúas de Compostela animan a agasallar BD polo Nadal. A iniciativa partiu do activista e autoeditor Mariano Casas, que buscou o apoio das librarías especializadas Kómic, A Gata Tola e Zónula Catro para imprimir estes posters, que amosan portadas de distintas publicacións galegas e que recollen os enderezos destes establecementos. Unha idea orixinal e barata para dar a coñecer a nosa BD.

O cartel; máis información na ficha de Mariano Casas; o noso tema sobre librarías especializadas