Ferrol celebra os 75 anos das Mocidades Galeguistas

Aqueles mozos

30/11/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
18 lecturas | Compartido 0 veces
Foron o berce intelectual de boa parte dos nomes que marcaron o devir da nosa cultura. Hai setenta e cinco anos, o 10 de febreiro de 1932, nacían na Coruña as Mocidades Galeguistas, un evento que o concello herculino celebra o vindeiro mércores no Teatro Colón. Concertos de A Quenlla e Banda Potemkin e mais o adianto dun documental sobre este tema que se está a desenvolver con apoio municipal comporán o groso do acto. A maiores, están previstas dúas mostras encol deste movemento.

Máis información en La Voz de Galicia; no El Ideal Gallego; máis sobre as mocidades nos nosos arquivos


Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Teatro, Culturagalega, La Voz de Galicia...