Pontevedra acolle a vindeira semana o III Congreso da Memoria, centrado na Galicia do franquismo

A terceira memoria

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Entre o seis e o oito de decembro, o Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá a terceira edición do Congreso da Memoria. Este evento centrarase desta volta na situación de Galicia durante o franquismo e reunirá, como vén sendo habitual, os nomes máis destacados da investigación sobre este período. Temas coma a influencia deste réxime no mundo do ensino, obreiro, intelectual ou sobre as mulleres trataranse por parte dos diferentes relatores. O encontro inclúe tamén unha visita á Illa de San Simón. A Asociación Memoria histórica Democrática é a responsable da organización do evento, que conta co apoio da Xunta de Galicia.

Máis información no web dos organizadores

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Franquismo, Mulleres, Memoria Histórica, Pazo da Cultura de Pontevedra...