O sector audiovisual tiña que ver Internet como unha oportunidade e non como unha ameaza. Por iso, diferentes empresas que se dedican á produción, estiveron a darlle voltas en como sacarlle partido ás súas posibilidades. O resultado é “Filmin” un portal no que participan Continental, El Deseo, Golem, Tornasol, Vértigo Films, Wanda Visión, Alta Films e Cameo. O portal ten dúas partes: unha de tenda, na que se poderá ver e descargar longametraxes, curtametraxes e material adicional, tal como o making of, entrevistas ou escenas eliminadas de tÃtulos de autores consagrados, noveis e, como non, contidos dos propios usuarios de Filmin que queiran subir alà as súas obras. A outra é de comunidade, que pretende fomentar o debate arredor do audiovisual. O portal estará plenamente activo en marzo de 2008 e nel haberá unha sección especÃfica para producións en galego.
Máis información en Filmin