Industria declara deserto o concurso para organizar unha pasarela de moda galega

Ideas pasadas de moda

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Deserto. Esta foi a resolución do polémico concurso de ideas convocado pola Consellaría de Innovación e Industria para a organización dun evento para internacionalizar a creación téxtil de Galicia. Os motivos que estableceu o xurado foi que ningún dos proxectos presentados tiña calidade suficiente e, segundo apunta a consellaría, ábrese así un “período de reflexión” para decidir o desenvolvemento de actuacións futuras. En todo caso, queda claro que o obxectivo segue a ser o de potenciar o carácter internacional da moda galega. Deste xeito soluciónase a protesta iniciada pola Cámara de Pontevedra, organizadora de Pontusveteris a principal pasarela do país.

Máis información no Diario de Pontevedra e sobre a conflicto creado por mor da convocatoria no noso tema

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moda, Culturagalega, Diario de Pontevedra