Ata o momento son unha figura inexistente no paÃs. E, no entanto, son persoas que poden chegar a desenvolver unha inmensa influencia sobre o que se publica e como. Nos últimos tempos, semella que diferentes autores do noso paÃs comezan a contar, por vez primeira, con servizos de axentes literarios. ¿Ata que punto esa figura pode incidir na proxección e desenvolvemento das nosas letras?
Semella unha tendencia contrastada nas nosas letras. Nos últimos tempos, diferentes autores están a acollerse aos servizos dun axente literario de fóra do paÃs. Este intermediario, polo momento inédito no noso sistema, conta cunha longa tradición en culturas onde a industria editorial posúe unha grande envergadura e un peso histórico. Basicamente, un axente literario desenvolve a mesma función que os seus homólogos musicais ou artÃsticos: Procurar publicidade para os seus clientes e colocar a súa obra nas mellores condicións posibles en diferentes editoriais. “Para nós é moi importante. Supón un elemento de defensa dos propios escritores que haxa unha persoa que non só defenda os seus intereses, senón que tamén dea a coñecer a súa figura e axude a que haxa máis traducións”, explica o presidente da Asociación de Escritores (AELG) Cesáreo Sánchez Iglesias. Redactar contratos o máis vantaxosos posibles, xestionar dereitos, mover as obras inéditas ou conseguir traducións son boa parte do traballo destas figuras pouco coñecidas do mundo editorial.
Dinamización económica
En sabendo que na maior parte dos casos este traballo faise a comisión sobre os resultados obtidos, é de prever o efecto de dinamización que sobre un sistema literario pode ter a existencia dun feixe destes profesionais, cada un deles a levar un grupo de autores. “No noso caso, un axente literario é tamén un axente cultural que transcende moito do paÃs”, recoñece Cesáreo Sánchez . Debemos pensar que é posible que un axente teña máis interese e conseguir traducións e reedicións das obras dos seus clientes do que os propios escritores que, no noso paÃs especialmente, contan a miúdo con outras fontes de ingresos. A eles, pola contra, vanlles as lentellas en conseguir a máxima proxección.
Unha tendencia crecente
Nos últimos tempos está a medrar o interese do colectivo de creadores por esta figura profesional. “Son coñecedor de que os escritores manifestaron que o ven coma unha necesidade. É un campo que aÃnda está por cubrir no noso paÃs, ata onde eu sei, non hai ningún activo en Galicia. O que si hai, e cada vez máis, son autores galegos que contan cun axente foráneo”. E é que, a certa altura, compensa deixar en mans profesionais certas cuestións. “Son elementos imprescindibles para aqueles autores que chegan a un determinado nivel de difusión”, completa Sánchez, que contempla a progresiva implantación dos axentes coma un indicador da madurez do sistema literario. “Aos poucos vaise abrindo paso a profesionalización do escritor”, completa. Unha boa mostra do dinamismo deste sector é o feito de que nalgúns casos foron os axentes os que contactaron con autores aos que estaban interesados en representar.
Caso práctico
Un deses casos é o da escritora e colaboradora deste portal Anxos Sumai, que conta desde hai pouco cunha axente deste tipo. “OÃra falar de min e tiñamos coñecidos comúns, cando gañei o premio Blanco Torres chamoume”, explica. Finalmente o acordo deixou en mans da axente a xestión de traducións, publicidade, promoción, conferencias ou dereitos de adaptación para cine ou teatro das obras da autora, reservándose Sumai as negociacións coas editoras galegas. “En boa medida estamos afeitos a que moito do traballo dos axentes o fagan as editoriais. Un axente, por exemplo, pode preocuparse de conseguir un mellor espazo para o libro en escaparates de tendas ou mercar espazos publicitarios para que o seu autor venda máis. A verdade é que estas foron cousas que me sorprenderon do mercado editorial”, apunta. Nese sentido debemos pensar que poden chegar a funcionar coma verdadeiras axencias de medios que contratan un volume de publicidade importante sumando os diferentes autores que representan. Outro traballo que ata o de agora consideramos asociado ao editor é o de traballar co autor as obras. “Moitas veces tamén poden orientar os autores sobre como vai o mercado e que é o que se está a vender, aÃnda que ao final sexan os autores os que escriben e deciden o que queren e o que non queren facer”, apunta Sumai. Esta mesma profesional, para alén de a Anxos, ten en carteira outros autores galegos que escriben na nosa lingua ou en castelán. “A min a súa proposta resultoume moi atractiva e, a verdade, non perdo nada por probar ”, recoñece Sumai.
O efecto axente
É de agardar que a normalización deste traballo redunde nun incremento da difusión exterior das nosas letras. “Estes profesionais cumpren unha función de intentar divulgar fóra e que as editoras doutros paÃses que precisen traducir ou queiran contar co traballo dos nosos autores atopen tamén un interlocutor ao que recorrer”, recoñece Cesáreo. De feito, segundo apunta, “hai figuras da nosa narrativa que tendo un axente literario xa terÃan sido traducidos, e na actualidade non acceden a novos mercados ou fano moi lentamente por pouco interese persoal”.
A influencia do mediador
A maiores da divulgación internacional, o axente “cumprirÃa tamén unha función dinamizadora dentro do mercado editorial”. O asentamento destes mediadores pode darlle unha grande capacidade de influencia dentro desta industria e determinar en certa medida os produtos que finalmente chegan ás nosas librarÃas. “Nunha segunda fase, un axente ao aceptar ou non determinados autores tamén pode potenciar determinada liña” apunta o presidente dos escritores a referirse a industrias ben máis normalizadas do que a nosa. “En determinadas literaturas pode ser un elemento dinamizador e mesmo marcar tendencias. Iso significa necesariamente que o volume de actividade é moi grande. Pero para chegarmos a ese nivel hai moito camiño que percorrer”.
O camiño en marcha
Nese camiño, desde a AELG aseguran que xa teñen aberta unha liña de traballo neste campo. Logo de abordar especificamente esta figura nunha das charlas do último Simposio da Edición, o presidente sinala que “agardamos que para o vindeiro ano se vexa algunha proposta máis concreta na forma dalgún tipo de xornadas de reflexión. Como paso previo, nas vindeiras semanas colgaremos no noso web os contratos tipo que existen no mundo editorial”. En último termo a Asociación ten o obxectivo de conseguir a normalización desta figura na nosa industria editorial. “O nacemento desta profesión será un paso que dirá da normalidade do paÃs”, recoñece Cesáreo, “significará que a industria editorial ten interlocutores coma calquera outra industria e que hai unha determinada madurez”.