Para manter un ciclo de formación profesional é preciso contar cun mínimo de oito alumnos. A Consellaría de Educación pechou 31 ciclos formativos existentes no curso anterior ao non conseguiren os centros públicos e concertados completar esa matrícula. A decisión non está libre de polémicas: desde a delegación galega da Federación Española de Relixiosos de Ensinanza, aseguran que o seu alumnado supera con creces esta cifra mínima pero que problemas na aplicación informática impediron comunicarllo á Consellaría.
Máis información en La Voz de Galicia
