A mancomunidade Arousa-Norte quere trazar mapas emocionais para o turismo

Mapas co suor

15/11/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
18 lecturas | Compartido 0 veces
Ten un aquel de ciencia ficción pero, cando menos, a Mancomunidade de Concellos Arousa-Norte cre nas súas posibilidades. Este organismo acordou desenvolver un estudo sobre o potencial turístico da zona do Barbanza empregando as técnicas para facer mapas emocionais que desenvolveu o artista inglés Christian Nold. A idea é seleccionar un grupo de visitantes e medir a reaccións emocionais que teñen ante os elementos do seu contorno mediante os seus parámetros biolóxicos, coma o suor. A partir destas medicións, elaborarase un mapa que, segundo os promotores da proposta, permitirá incidir naqueles puntos concretos onde as reaccións sexan máis negativas.

Máis información en El Correo Gallego e no web Biomapping; web da mancomunidade; outras propostas de novas tecnoloxías e turismo: o GPS

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arousa, Turismo, Ciencia, Culturagalega...

Claves

Conceptos
Lugares