O teatro de Valle Inclán centra a cuarta edición da Mostra “Clásicos do século XX” de Lugo

Valle, o clásico do século XX

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Lugo acolle do 22 ao 27 deste mes o IV Festival de Teatro Clásicos do Século XX. Unha mostra que este ano está dedicada a Valle-Inclán, de quen se representarán tres obras e sobre o que versará unha conferencia. As tres obras que compoñen o seu Retablo (“A Cabeza de Bautista”, “As Galas do Defunto” e “A Rosa de Papel”) abrirán as representacións o venres 22. Seguiralle “Os cornos de Don Friolera” o domingo 25 a cargo de Producciones Cachivache & Teatro Zascandil; e o programa rematará o martes 27 de novembro coa representación de “Luces de Bohemia”, a súa obra máis coñecida. O evento, que organiza o Concello de Lugo, terá prezos entre os 6 e os 8 euros.

Máis información no web do Concello de Lugo

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Clásicos, Concello de Lugo, Valle Inclán

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares