O Museo do Pobo Galego acolle unha nova edición da Bienal de Gravado

Gravando en Compostela: VI

Desde mañá, unhas 1.126 obras de 56 países estarán colgados nas salas do Museo do Pobo Galego. É a sexta edición da Bienal Internacional de Gravado que chega a Santiago da man de Caixanova.

Premiados





A Bienal Internacional de Gravado exhibe agora en Compostela os traballos premiados. O Citicorp Center N.Y do artista Javeri Aranguren Ispizua que recibiu o primeiro premio; o Paesaggno Lucano da italiana Gianna Bentivenga, co seu segundo premio. A medalla de bronce da bienal levouno o chileno Carlos Damacio Gómez Maldonado por Happy hour e o itialiano Paolo Ciampini, que fóra gañador na IV Bienal, co seu traballo Mind Shadows. Esta bienal de Gravado convertiuse nun dos concursos de gravado máis prestixiosos, e que senta a súa importancia na vertente técnica de estampación de gravado.













e os non premiados



Xunto o traballo dos premiados están tamén unha selección dos sete participantes que recibiron mencións de honras. Dentro deste grupo están os 56 países que participaron nesta última cita internacional.


















Participación galega


Ademais, na exposición se recollen obras de artistas que presentaron os seus traballos fora de prazo. E dentro deste grupo atópanse Chillida, Eduardo Arroyo, ou Martelo. Por outra banda, nesta edición o número de autores galegos que participan na mostra multiplicouse por catro dende a súa primeira convocatoria en 1991.