Zona Negativa entrevista a Tirso mentres Kike Benlloch publica en Portugal e Hugo Covelo redeseña o web

Redada: Entrevista e actualizacións

A piques de ver a luz en Francia (o día 13 de novembro) “La Maison des Murmures”, o web Zona Negativa entrevista o seu debuxante, o galego Tirso Cons. Canda a isto, sabemos do lanzamento en Portugal do cuarto número do fanzine “Venham + 5”, que conta coa participación de Kike Benlloch. O guionista colgou no seu web a historia que se poderá ler nesta publicación. Finalmente, Hugo Covelo presentaba recentemente un completo redeseño do seu web.


A entrevista a Cons en Zona Negativa; máis sobre Venham+5 en Alentejomagazine.com; a historia de Benlloch no seu web, onde tamén se poden ler outras BDs;
novo web de Hugo Covelo