Hoxe pecha en Frankfurt a feira do libro, escaparate do outono literario

Libros para o outono

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

"Expediente Artieda" de Luís Rei e "As cousas claras" de Neira Cruz son as novidades que presenta a editorial Xerais para este outono. Premios Xerais e Merlin, respectivamente, que se presentaron en Frankfurt na feira do libro que remata hoxe.

Luis Rei Núñez

"Expediente Artieda" é a obra do xornalista Luís Rei Núñez que gañou o premio Xerais. É a primeira novela de Rei Núñez e na que se converte nun cronista para narrar a resitencia urbana antifranquista da cidade de A Coruña. Núñez (A Coruña, 1958) é un destacado representante do novo xornalismo galego cunha abondosa traxectoria literaria centrada na poesía, no ensaio e director da colección poética Tambo.

Xosé Antón Neira Cruz

A morte, a violencia , a falta de comunicación e a crueldade superados polo amor é a temática que aborda Neira Cruz na súa obra "As cousas claras". Obra pola que foi galardoado co premio Merlín, un accesit co que xa fóra galardoado hai unha década e co que se dera a coñecer como escritor.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

E os gañadores son...

E os gañadores son...

Rosa Aneiros e Jacobo Fernández falan sobre as obras que lles valeron os premios Xerais

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira do Libro, Frankfurt, Xosé Antón Neira Cruz, Luís Rei Núñez...