As abellas galegas duplican a súa produción e resultan ser de dúas liñaxes diferenciadas

Abellas na fronteira

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Malia á crise que os produtores de mel denunciaban ao longo dos últimos anos, pola morte repentina de moitos enxames, a produción deste alimento duplicouse en 2007. As condicións climatolóxicas semellan estar detrás deste incremento, segundo publica hoxe o periódico “Nova +”. Ao tempo, un estudo da Universidade de Murcia revelou que as abellas galegas pertencen a dúas liñaxes ben diferentes, unha orixinaria de Europa e outra de África. As familias están totalmente diferenciadas, xa que a práctica totalidade dos insectos da Coruña e de Lugo son do tipo europeo e as de Pontevedra e Ourense do africano.

Máis información en La Voz de Galicia; en Xeracion web e no noso tema sobre cultura apícola

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morte, La Voz de Galicia, Culturagalega, Murcia...