Unha empresa de Ávila realiza a historia de Corcubión en BD

Corcubión en banda

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Polo momento son só 50 exemplares mentres está en imprenta outro milleiro para o que se buscan patrocinadores. A Asociación Cultural Nemancos conseguiu unha axuda de 4.000 euros por parte da Vicepresidencia da Xunta para publicar unha BD dedicada á historia de Corcubión a partir do século XVI. A obra, de vinte páxinas, foi realizada pola empresa La Recua, de Ávila, e contou co asesoramento do historiador local Alejandro Lamas. La Recua é una empresa que desenvolve de xeito profesional bandas deseñadas históricas por encarga para diferentes concellos e que tamén desenvolve actividades de recreación do pasado.

Máis información en La Voz de Galicia e en Vieiros; unha orientación sobre La Recua e as súas tarifas no web Todoporvivir (ao que xa non está vencellada); a asociación Nemancos xa recibira unha axuda de Política Lingüística para este proxecto como se pode ver nesta nova; outras BDs de carácter local no noso catálogo: Trasmallo ou Compostela, historia dunha lenda

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Corcubión, Culturagalega, Vieiros, Política Lingüística...