Máis da metade dos galegos que emigran son licenciados na procura de emprego

Cando os cerebros marchan


Galicia segue a ser un país de emigrantes. Pero o que se muda hoxe pouco se parece ao de hai décadas. O 60% dos 45.000 galegos que marcharon no 2006, segundo as cifras dun informe sociolaboral do Consello Galego de Relacións Laborais, son investigadores novos que emigran cara outras comunidades máis ricas atraídos por outras empresas. Para iso, desde o informe ínstase a reforzar a aposta pola investigación en I+D e crear máis prazas de investigadores.

Máis información no web de Consello de Relacións Laborais