Patrimonio paraliza a reforma do Pazo de Castrelos mentres o Concello merca obras para o mesmo

Amañar Castrelos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Unha de cal e outra de area. As concellarías de Cultura e Patrimonio Histórico de Vigo acordaban esta fin de semana destinar 205.000 euros a adquirir coleccións privadas que actualmente están en depósito no Pazo Quiñones de León, en Castrelos. Ao tempo, a Dirección Xeral de Patrimonio, advertía nestes días que o actual proxecto de ampliación do pazo carece da documentación axeitada para ser autorizado. Patrimonio sinala que cómpre especificar a necesidade de ampliación e o tamaño da reforma, ademais de ter en conta o patrimonio arqueolóxico da zona.

Máis información no Faro de Vigo, e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castrelos, Dirección Xeral de Patrimonio, Faro de Vigo, Culturagalega...