Teatro do Atlántico presenta A bombilla máxica

Feira Galega das Artes Escénicas 2007 - Montaxes

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Un Woody Allen insólito, desenvolvendo un rexistro absolutamente imprevisible nel, preséntanos un texto de moi alta calidade, como non podería ser doutro xeito, no que nos mostra o difícil mundo da adolescencia e a vellez, das relacións de parella, ou da maxia, cunha gran dose do seu humor, e personalizado na familia Pollack.
Un pai, unha nai e dous fillos nunha situación de absoluta infelicidade. O marido que atravesa a crise dos corenta, a muller que soporta os devaneos amorosos do seu esposo e tropeza na relación cos seus fillos; o pequeno deles, unha firme promesa de delincuente profesional e o maior, tatexo e cun "coeficiente intelectual de 148", sumido nunha realidade paralela que lle proporciona o mundo da maxia.


Máis información no web do IGAEM

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Teatro, Teatro do Atlántico, Artes Escénicas...