Despois dunha longa enfermidade onte faleceu en Santiago Carlos Asorey, propietario do club de jazz Dado Dadá, un dos locais de jazz máis antigos de Galicia e en funcionamento. Hoxe despÃdense deste home moi querido moitos músicos, magos e actores que pasaron polo escenario deste mÃtico local que rexentaba coa súa muller Carmen Eixo. Fai dous anos o club celebraba o seu 25 aniversario xa que o 16 de Febreiro de 1.980 abrÃa as súas portas o Jazz Club Dado Dadá na Rúa de Alfredo Brañas de Santiago. Dende aquela pasaron máis de 9.000 noites de jazz, flamenco, canción de autor, pop, rock, teatro, humor, maxia e tertulia animadas e organizadas por Asorey e a súa dona. Neste tempo polo seu escenario pasaron algunhas das figuras máis interesantes do panorama cultural nacional e internacional e moitos músicos célebres que pasaron pola capital visitaron o local e mesmo participaron con concertos improvisados e jam-sessions.
Máis información en El Correo Gallego e o noso Tema do dÃa sobre 25 Aniversario do Dado Dadá