Sopran novos aires para a productora que dirixe Antón Reixa. E eses ventos comezaron a soprar este domingo en Ourense onde Reixa aproveitou a súa presencia no Festival de Cinde Independente para anunciar os proxectos que se abordarán o vindeiro ano. Unha coproducción española-xaponesa, series de televisión e filmes para televisión completan os seus proxectos de futuro. E no outro festival de cinema galego, o compostelán Cineuropa, tamén sopran ventos novos. Son os que traerá Juan Echanove que foi o galardoado nesta ocasión e que virá a recoller o seu premio o vindeiro luns 12.
Novos horizontes
"Portozás Visión" continúa coa súa andaina traballando en múltiples frontes. E iso mesmo foi o que fixo no sexto certame do festival ourensán a onde acudiu para presentar unha escolma das imaxes de "O lápis do carpinteiro". O que é o seu último traballo que está en fase de postproducción e que está previsto que chegue ás carteleiras de cara a primavera-verán do ano que vén. Cun amplo haber no seu curriculum "Portozás Visión" centra agora mesmo os seus esforzos na longametraxe "Dentro e fóra do camiño". Unha coproducción española-xaponesa que comezará a rodarse o ano que vén e que está baseada no Camiño de Santiago.
Pero este achegamento ás formas de recreación fÃlmicas xaponesas non é o único apuntamento que fixo Reixa en Ourense. "Orfanato" e "Os que merecen morrer" son outros dos tÃtulos dos proxectos que están pendentes de se realizar de cara o ano 2002.
Ademais, Antón Reixa fixo no edificio Simeón unha revisión e un repaso pola historia da propia productora desde que botara a andar en outubro de 1999. Unha productora que conta desde o pasado mes de maio co apoio económico de Caixanova, quen mercou un 20% das súas accións.
Galardón
A 15 edicion do festival de cine de Compostela, Cineuropa, decidiu galardoar este ano a Juan Echanove. Asà o fixo público a concelleira de Cultura compostelana, Teresa GarcÃa-Sabell nunha rolda de prensa celebrada onte. Os principais motivos para que recaese nel este premio están centrados na súa calidade interpretativa e por consideralo ser o mellor actor que representa o esperpento de Valle Inclán. Un premio que recollerá o propio Echanove o vindeiro dÃa 12 ás 21:00 horas, antes da proxección do filme "Divinas palabras" de José Luis GarcÃa Sánchez.
O festival de cineuropa comeza dará hoxe o seu pistoletazo de saÃda. E faino con filmes reivindicativos, entre os que destaca "Navigator " de Ken Loach. Ademais, arranca xa co seu programa practicamente pechado. Dentro das principais novidades destaca o sutil cambio do "maratón", que pasa a ser un monográfico. Este ano, o homenaxeado será o cineasta falecido Stanley Kubrick. Un programa que manterá o habitual horario de proxeccións e o sistema rotatorio.