Tronos & misterios, de Matarile Teatro

Feira Galega das Artes Escénicas 2007 - Montaxes

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Un científico, un mestriño de escola e actor, un bailarín e licoreiro, o profesor, e eu. Asomámonos a un balcón e, alí abaixo, eses seres que fomos, un desfile de datos non escritos -a pel non se escribe- aparentemente inservibles pero non esquecidos. Eliminado o decorado e extraídos da súa contorna -unha fábrica de coches, un ballet nacional, unha escola, un obradoiro de marionetas ou un laboratorio de universidade-, trasladados a un escenario e vistos agora desde a barreira, diseccionados ante o patio de butacas, estes personaxes non son máis que produtos atónitos de ALGO, - chamémoslle historia, cultura, familia, tempo - que non puideron ou non souberon controlar.

Ver ficha técnica no web do IGAEM e sobre a compañía no seu web

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Feira, IGAEM, Matarile Teatro...