AÃnda que os temas do disco “Esto que tienes delante” levan meses escoitándose por Internet e mesmo nas radios, o traballo dos vigueses ainda non tiña data de edición no soporte discográfico habitual do momento, ata agora. Este sábado o grupo formado por Eladio Santos, Óscar Durán, Manuel SantamarÃa e Marcos Vázquez fixo público a través da rede que o dÃa 10 de decembro sairá á rúa “Esto que tienes delante” editado polo selo zaragozano “Grabaciones en el mar”, que tamén ten editados grupos como El Niño Gusano ou La Habitación Roja, entre outros. O lÃder do grupo, Eladio Santos, ten tras de si unha importante traxectoria en formacións como Foggie Mental Breakdown, Los tres Sudamaricones e Tony Lomba & Elio dos Santos.