Cultura paraliza a construción do polígono de O Pino por afectar un trazado do camiño

Un adiante e outro atrás

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Un burofax remitido desde a Xunta ao concello do Pino (A Coruña) determinou a paralización das obras do polígono desta localidade e que xa afectaron a trinta metros do camiño de Santiago. Ademais, a Consellaría de Cultura anunciou que tentaría resolver a próxima semana o recurso que os veciños interpuxeron e que leva máis dun ano sen responder. Mentres este proxecto se paraliza, outro continúa adiante. Trátase do futuro parador de Muxía, o primeiro da Costa da Morte, xa que o director xeral de Turismo, Rubén Lois, confirmou onte que o seu departamento ten pechado o plan sectorial do proxecto que irá ao Consello da Xunta a vindeira semana. Iso significa que, tan pronto a parcela estea a disposición do Estado, iniciarán os trámites de construción do parador que foi anunciado no 2003 como promesa estrela para revitalizar a zona trala catástrofe do Prestige.

Máis información sobre a polémica do polígono do Pino en El País e na nosa hemeroteca e unha nova sobre o parador de Muxía en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pino, Muxía, Turismo, Morte...