Luis Tosar e Teté Delgado foron galardoados na Mostra de Noia

Bágoas, loiras e Tosar

O actor máis solicitado das produccións audiovisuais galegas, Luís Tosar, e a Teté Delgado foron os galardoados na terceira edición da Mostra de Curtametraxes que se celebrou en Noia. Pero estas non son as únicas novidades do audiovisual para estes días, xa que se iniciaron dúas rodaxes. Unha en O Grove con María Esteve como protagonista, e outra en Vigo con Óscar Suárez e Ángel Regueiro coo directores.

Outra vez Tosar


O Festival de Curtametraxes chegou este domingo ó seu fin. E fíxoo, como non podía ser doutra maneira nun evento destas características, entregando os seus premios.
A galardoada foi Teté Delgado, pola súa intepretación en "Atrapada en un Blues" recibíu o premi á mellor interpretación feminina. Pero non estaba alí para recollelo. Quen si estivo foi Luis Tosar que recolleu o premio á súa dilatada carreira profesional. De feito en Noia desde a organización recordaron que o actor participou no 80% das produccións realizadas o ano pasado. Un número que ben merece o premio.
No acto tamén se entregaron máis premios. Os de mellor corto e mellor dirección, que recaeron en "15 días" de Rodrigo Cortés e "Pantalones" de Ana Martínez (co que xa gañara un Goya no 200).
A cerimonia contou tamén con protagonistas de excepción entre os que destacaron Javier Bardem e Fernando de Leon, que están en Vigo rodando con Tosar a súa última producción "Los lunes al sol".

As raíñas tamén choran


"As bágoas da raíña" é o título da última curtametraxe de Óscar Suárez e Ángel Regueiro que se roda estes días en Vigo. Baseada na obra do escritor irlandés Lord Dunsany narra a historia da raíña Sylvia (interpretada por Iria vázquez) que é acosada por numerosos pretendientes entre os que está o xuglar Ackronnion (Carlos Godoy), que pretenden facela chorar para conseguira a súa man. A rodaxe que se está realizando estes días nunha céntrica rúa viguesa conta cunha serie de protagonistas de excepción entre os que destacan Suso Cortegoso, Suso Cobián, Geni Cortegoso ou Xaime Aguiar; Ronaldo (de "Mareas vivas") e o ex-fubolista Vlad Gudelj.

E loiras que prefieren cabaleiros

E o director lalinés Alex Sampayo (que tamén traballou con Tosar en Alzheimer) roda estes días "As loiras prefírenos cabaleiros" no Grove. Unha producción na que conta coa presencia de María Esteve, a filla de Marisol que pouco a pouco se vai facendo un nome dentro do panorama audiovisual deste país.
Nesta curtametraxe narra a obsesión dun home, Max, (encarnado por Miguel de Lira) counha muller que se asemella fisicamente a Marylin Monroe.
Con este filme iníciase o traballo da productora Vaca Films que se estrea dentro do panorama audiovisual galego.