A Coruña prepara excursións para coñecer o galego mentres Ferrol adopta multas bilingües

Falar e multar

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Permitirlle aos nenos da cidade practicar o galego con rapaces do rural en excursións é a proposta que acaban de anunciar o Concello e a Deputación da Coruña. A iniciativa porá en contacto un cento de participantes mediante actividades de deporte e de ciencias co galego como nexo. Ao tempo, en Ferrol, o Concello implantará multas bilingües logo de que, nos últimos anos, perdese unha suma importante de cartos por tramitalas só en galego. Segundo afirman desde o concello, o sistema informático non permitía tirar versións en castelán das mesmas, polo que os casos nos que se producían reclamacións eran sobresidas.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, La Voz de Galicia, Deputación da Coruña, Lingua galega