A debuxante María José Mosquera publica un álbum coa editora alavesa Saure

Pintar pedras con Sesé

“Pintapiedras” é o título do primeiro álbum que a debuxante María José Mosquera publicará, o vindeiro mes de novembro, na editora alavesa Saure. Este álbum de 32 páxinas, que Mosquera asina coma Sesé (no lugar do seu habitual pseudónimo Sex) é unha proposta didáctica sobre a historia da arte dirixida a nenos a partir de oito anos, e conta co asesoramento de Gonzalo Martínez de Antoñana, licenciado nesta materia. A obra narra as aventuras de David, que viaxa ao pasado co seu profesor e vai coñecendo as diferentes manifestacións artísticas ao longo da prehistoria. Segundo explica a autora, este quere ser o primeiro tomo dunha serie que continuará coa época babilónica.

Máis información no
web da autora e naweb da editora